Verín

 

XOGANDO COA ESCALA

A CIDADE E O CORPO

Os nenos e nenas percorreron a cidade para medir distintos aspectos da mesma. Para iso, utilizaron unha cinta métrica e o seu corpo… 

O obxectivo da actividade foi poñer en valor as arquitecturas históricas e as contemporáneas (aprender a apreciar a arquitectura local e a respetar o patrimonio).

Relacionar a escala humana e a escala da cidade: Canto mide a túa man?… E o teu brazo?… E a porta da igrexa?… 

Introducimos o concepto de escala humana e o de escala de cidade. Partindo de tomar conciencia das súas propias dimensións corporais, o neno pode aproximarse a outras dimensións como a da cidade e a do territorio. É un percorrido perceptivo que situamos entre a man, que representa o próximo ao seu corpo, e o horizonte, o afastado que alcanza a vista.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.