Milladoiro

 

Traballando co PLANO

experimentando con texturas

O obxectivo é poñer en valor as arquitecturas históricas e as contemporáneas (aprender a apreciar a arquitectura contemporánea e a respetar o patrimonio).

Relacionar a escala humana e a escala da cidade… Canto miden as súas mans?… E o teu brazo?… E a porta da igrexa?

Trabállase o plano horizontal, experiméntase, xógase con el. Cremos que o chan é un elemento fundamental nas nosas cidades, non é o mesmo vivir sobre asfalto que sobre herba, para iso podemos analizar a experiencia vivida na Praza Maior de Madrid, que con motivo do cuarto centenario da súa creación, SPY cobre o centro da praza cun círculo de céspede artificial de setenta metros de diámetro. Durante os dous días que dura a intervención, os madrileños redescubren novos usos para a praza centenaria, o espazo cambia e así o fan os usos, sentan, déitanse, xogan ou descálzanse…

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.