Rianxo

 

TRANSFORMANDO o espazo TRABALLANDO ELEMENTOS TRIDIMENSIONAIS

CONSTRUCIÓN E DESTRUCIÓN DO CREADO

Dáselles un elemento tridimensional para que creen os seus propios espazos durante un tempo limitado. Transcurrido o tempo, se lles permite destruir todo o realizado e comezar de novo.

A súa primeira construcción foi un forte defensivo para separar o seu propio espazo do noso.

Déronnos unha clase práctica da evolución da arquitectura, de como o románico (construción con contrafortes) evolucionou ao gótico, facendo eles mesmos de arbotantes.

A seriedade mentras construían era totalmente oposta aos momentos de entropía.

Aparece a mobilidade, ao dotar a caixa de movemento.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.