Cambados

 

TRANSFORMANDO A vila

TRABALLANDO CON ELEMENTOS TRIDIMENSIONAIS

Para rematar de falar das ferramentas que usamos, e xa fóra das definidas por Kandinsky, traballamos co elementos tridimensionais, para elo basearémonos no “terceiro don” de Froebel.

Na Arquitectura temos de referencia a Froebel a través de Frank Lloyd Wright, que foi educado con este método. Trátase dun sistema baseado na creatividade e intuición do neno a través da experiencia directa, o xogo e a natureza. Crea un recurso pedagóxico que non cambian pero transfórmase; as ocupacións son actividades na que os nenos e nenas xogan mediante a transformación dos obxectos que manipula. Os “dones” son precursores dos bloques de construción da actualidade (Lego, Tente…).

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.