Milladoiro

 

TRANSFORMANDO A vila

TRABALLANDO  CON ELEMENTOS TRIDIMENSIONAIS

O obxectivo é traballar cun elemento tridimensional para crear novos espazos. A partir dun dos xogos máis populares: a construción con paralelepípedos.

As únicas ferramentas necesarios son o patio do colexio, a cidade e eles mesmos.

 

Na Arquitectura temos de referencia a Froebel a través de Frank Lloyd Wright, que foi educado con este método. Trátase dun sistema baseado na creatividade e intuición do neno a través da experiencia directa, o xogo e a natureza. Crea un recurso pedagóxico baseado en “dones” e “ocupación”.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.