Santiago de Compostela

 

TRANSFORMANDO O ESPAZO

TRABALLANDO CON SEGMENTOS

Nesta ocasión, dotaremos aos nenos e nenas do obradoiro cun elemento “liña” de cor, e uns nodos que lles permitirán combinalas para xerar estruturas tridimensionais, usando soamente a súa imaginación e inxenio.

Cales foron as súas inquietudes? Que tipo de construcións crearon?

“A liña xeométrica é un ente invisible. É a traza que deixa o punto ao moverse e é por tanto o seu produto. Xorde do movemento ao destruírse o repouso total do punto. Demos un salto do estático ao dinámico. […] Tal é a recta, que na súa tensión constitúe a forma máis simple da infinita posibilidade de movemento.”

Kandinsky

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.