Milladoiro

 

TRANSFORMANDO A vila

TRABALLANDO COA LIÑA

Crear novos espazos a partir dun elemento bidimensional. Os nenos de 6 a 12 anos apropiaranse dos lugares de Milladoiro que pertencen aos cidadáns pero non os sentimos nosos. Convertirémolos en espacios de xogo. Os máis pequenos, por outro lado, ao non poder sair do colexio, invadirán espacios deste.

“A liña xeométrica é un ente invisible. É a traza que deixa o punto ao moverse e é por tanto o seu produto. Xorde do movemento ao destruírse o repouso total do punto. Demos un salto do estático ao dinámico. […] Tal é a recta, que na súa tensión constitúe a forma máis simple da infinita posibilidade de movemento.”

Kandinsky

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.