pobra do caramiñal

 

TRANSFORMANDO A vila

TRABALLANDO COA LIÑA

O xogo é unha actividade fundamental para o desenvolvemento dos nenos. É un poderoso instrumento de aprendizaxe para actitudes, comportamientos e valores dunha sociedade. Durante a infancia aprendemos xogando e, por iso, os talleres desenvolvéronse a través do xogo como ferramenta fundamental nestas idades.

Outra idea que fundamenta o noso proxecto de “A Vila do Mañá” xorde do dereito á cidade, tal como defendía Henri Lefebvre (1901-1991), polo que as persoas que habitan nela teñen dereito ao seu goce, á súa transformación e a que reflicta a súa maneira de entender a vida en comunidade. Dende este punto de vista, cómo non incluír o dereito de nenos e nenas á cidade? Por iso, consideramos o espazo público como un espazo común de aprendizaxe e construción colectiva no que a infancia tamén debe ter cabida. 

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.