Carballo

 

TRANSFORMANDO A vila 

TRABALLANDO COA LIÑA

Proporciónaselles os fíos de cores, e eles propoñen os espazos a invadir, son eles quenes deciden cómo crear a estructura que se convertirá no seu espazo de ocio e gozo. Apropiaranse de espazos de Carballo que pertencen aos cidadáns pero non se sinten como tal. Xeraremos un vínculo identitario con eles.

Preténdese que os nenos actúen como vangarda de recuperación do territorio para a cidadanía. Como afirma o xeógrafo e teórico social David Harvey, é necesaria a apropiación dos espazos públicos urbanos por parte da cidadanía mediante unha acción política para convertelos en espazos comúns. Son bens comúns, que buscamos que os nenos recoñezan como seus dende diferentes puntos de vista: dende a historia, os seus usos, a súa evolución e as súas transformación.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.