Bueu

 

TRANSFORMANDO A vila

TRABALLANDO COA LIÑA

Os nenos e nenas convértense por uns días en pensadores da cidade, apropiándose dos seus espazos, os fan seus. Idean e investigan os seus propios espazos de xogo, modifícanos, vívenos e gozan deles.

Preténdese que os nenos actúen como vangarda de recuperación do territorio para a cidadanía. Como afirma o xeógrafo e teórico social David Harvey, é necesaria a apropiación dos espazos públicos urbanos por parte da cidadanía mediante unha acción política para convertelos en espazos comúns. Son bens comúns, que buscamos que os nenos recoñezan como seus dende diferentes puntos de vista: dende a historia, os seus usos, a súa evolución e as súas transformación.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.