Cambados

 

TRANSFORMANDO A vila TRABALLANDO coa liña

invasión efímera de cor

Nesta ocasión, o lugar a ocupar con fíos de cores é a praza de Fefiñáns, fronte a Igrexa de San Benito. Por unhas horas, converteuse nun lugar de xogo e goce dos nenos e nenas que achegáronse o obradoiro, e que puideron sentir como súa a praza que, habitualmente, non está ocupada por eles. A praza cheouse de actividade e alegría durante a invasión.

Preténdese que os nenos actúen como vangarda de recuperación do territorio para a cidadanía. Como afirma o xeógrafo e teórico social David Harvey, é necesaria a apropiación dos espazos públicos urbanos por parte da cidadanía mediante unha acción política para convertelos en espazos comúns. Son bens comúns, que buscamos que os nenos recoñezan como seus dende diferentes puntos de vista: dende a historia, os seus usos, a súa evolución e as súas transformación.

Búscase a adquisición dun maior coñecemento da cidade na que viven; unha apropiación de espazos que lles son vetados a diario; o movemento con liberdade nas prazas; o empoderamento espacial xunto con outros nenos favorecendo a súa convivencia; valoración do lugar no que viven a través dunha nova mirada do seu hábitat; facerlles responsables do contorno, coñecer tamén os elementos que conforman o lugar inmaterial; e sobre todo, demostrarlles a súa capacidade transformadora.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.