rianxo

 

TRANSFORMANDO A VILA

TRABALLANDO COA ESCALA

Introducimos o concepto de escala humana e o de escala de cidade. Partindo de tomar conciencia das súas propias dimensións corporais, o neno pode aproximarse a outras dimensións como a da cidade e a do territorio. 

Dende a man, o máis próximo, ata o horizonte, o afastado, existe un percorrido espacial, unha definición de hábitat, do lugar onde se habita, do próximo ata a paisaxe afastada. O neno toma conciencia do lugar onde vive, das súas dimensións e da súa escala, de cómo se interrelaciona o próximo e o afastado.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.