Verín

 

Traballando co PLANO, experimentando con texturas

AS TEXTURAS QUE NOS RODEAN

O obxectivo da actividade foi estimular distintas sensacións… Que sensación produce pisar a herba?… E o asfalto?… A pedra?… E os adoquíns?

A primeira parte da actividade desvela que os nenos e as nenas coñecen os diferentes materiais, son conscientes da súa existencia, todos son materiais que conforman a maioría das construcións do noso entorno, pero en xeral no saben referirse a eles polo seu nome. As sensacións que nos describen son do máis diversas. En consecuencia, para a realización de esta parte da actividade, contan co noso apoio para descubrir, mediante preguntas sinxelas realizadas con unha pincelada de diversión.

Para terminar, unha vez familiarizados cos diferentes pavimentos é a hora do xogo, realizado dende o punto de vista sempre didáctico, e como comprobación do que descubriron acerca de estos materiais tradicionais ao longo das fases anteriores da actividade.

Unha vez máis sorpréndenos, o seu material predilecto é a herba, a súa textura é a que máis lles gusta.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.