pobra do caramiñal

 

Traballando co PLANO

experimentando con texturas

O obxectivo da actividade foi estimular distintas sensaciones… Que sensación produce pisar a herba?… E o asfalto?… A pedra?… E os adoquíns?

Trabállase o plano horizontal, experiméntase, xógase con el. Cremos que o chan é un elemento fundamental nas nosas cidades, non é o mesmo vivir sobre asfalto que sobre herba, para iso podemos analizar a experiencia vivida na Praza Maior de Madrid, que con motivo do cuarto centenario da súa creación, SPY cobre o centro da praza cun círculo de céspede artificial de setenta metros de diámetro. Durante os dous días que dura a intervención, os madrileños redescubren novos usos para a praza centenaria, o espazo cambia e así o fan os usos, sentan, déitanse, xogan ou descálzanse…

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.