rianxo

 

enredando

TRANSFORMANDO OS ESPAZOS A TRAVÉS DO ARTE

Outra das ferramentas fundamentais que utilizamos é o plano. Traballamos co plano para modificar os nosos espazos, para facer que conteñan as nosas obras.

“Pero a liña esconde entre as súas outras propiedades, e en última instancia, o profundamente oculto desexo de procrear un plano, converténdose así nun ente máis denso, máis pechado en si mesmo. […] Cando morre a liña, en en que momento xorde o plano? […] Por plano básico enténdese a superficie material chamada a recibir o contido da obra. […] O plano básico esquemático está limitado por 2 liñas horizontais e 2 verticais, e, adquire así, en relación ao ambiente que o rodea, unha entidade independente.”

Kandinsky

 

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.