SILLEDA

TRANSFORMANDO A AVENIDA RECINTO FEIRAL

URBANISMO TÁCTICO

É unha fórmula de transformación urbana sinxela e poderosa, que seguen cidades de todo o mundo e que permite cambiar como se usa un espazo con elementos temporais e económicos. Neste caso, traballouse na avenida Recinto Feiral recuperando espazo de uso habitual dos vehículos para a infancia e adolescencia.

O dereito da infancia e da adolescencia en PARTICIPAR na CONSTRUCIÓN da súa VILA, de tal forma que serán partícipes e executores das ideas para un novo deseño dun espazo propio na súa vila.

Colorea a túa Cidade

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.