ARZÚA

urbanismo táctico

participación protagónica

 

O protagonismo implica ser o actor principal das nosas vidas, as nenas e nenos son suxeitos sociais de dereitos e por tanto actores sociais de cambio, actores con iniciativa propia. Para que exista ese protagonismo, as nenas e nenos deben reflexionar sobre a súa vida, o seu contexto e propoñer solucións de cambio, é dicir, tomar conciencia do que implica ser suxeito de dereitos e a importancia que pode ter a súa participación para a súa vida e para o resto da sociedade.

 

Vímonos obrigados a cambiar a rúa do seu centro escolar (Rúa Baltasar Pardal) polo interior do multiusos de Terra do Queixo, debido ás inclemencias metereolóxicas.

Constrúen o seu espazo de xogo traballando coa LIÑA como elemeno plano (sombra) para construír a continuación a terceira dimensión coas cintas de baliza; tamén traballan co SEU PROPIO CORPO o concepto de escala tomando conciencia das súas dimensións, o espazo que ocupan e plasmandoo en movemento, neste caso é o seu corpo tridimensional o que xera unha imaxe plana.

Son as súas propias sombras as que transforman o espazo, o espazo convértese en algo propio, foron elas e eles quenes o construíron e quenes o transformaron.

Colorea a túa Cidade

A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.