Santiago de Compostela

 

coloreando a túa CIDADE

COMPLETANDO SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comezamos as actividades pedíndolles que nos mostren cal é a súa visión de Santiago para saber de que punto partimos. E poder entender cal é a súa relación con espazo que habitan.

Entender a súa visión da cidade: Coñecen a cidade?, Comprenden o espazo que habitan?… Saben situar a súa casa, o seu  colexio o seu espazo de xogo?… Ou polo contrario a cidade é un gran laberinto incomprensible para eles?

Nos tempos que vivimos onde todo está a un “click” de distancia, onde sobrevoar Tokio ou New York está ao alcance da man, onde podo visitar o Partenón dende a pantalla… esquecémonos do lugar que habitamos. As novas xeracións, os habitantes do mañá, desconeñecen na súa totalidade a súa vila ou cidade, viven nunha “caixiña”, desprázanse noutra “caixiña” máis pequena e chegan a unha “caixa” maior (chámese colexio, centro comercial, … ou polideportivo). Esta é a súa relación co seu entorno.

Colorea a túa Cidade

A cidade/vila na que estamos traballando convertida nun campo de xogos, laboratorio de experimentación no que os nenos e os adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.