
Carballo
debuxando a túa vila
coñecendo carballo
Nos tempos que vivimos onde todo está a un “click” de distancia, onde sobrevoar Tokio ou New York está ao alcance da man, onde podo visitar o Partenón dende a pantalla…esquecémonos do lugar que habitamos.
As novas xeracións, os habitantes do mañá, descoñecen na súa totalidade a súa vila ou cidade.
A realidade de hoxe en día é que a conexión natural entre os nenos e seu hábitat, o lugar onde crecen e se desenvolven, a cidade ou a vila na que viven, está diluida e apenas existe.
Atopamos nenos e nenas nas súas casas, vendo a tele, cos seus videoxogos, xogando nas súas urbanizacións valadas e vixiadas, trasladándose en coche e descubrindo a cidade dende a sua xaneliña, onde o parque ou a praza foron substituídos polo centro comercial.
