elcorreogallego.es  27/12/2019                                                                                                              

Haberá obradoiros dirixidos aos nenos e nenas A Escoliña Vella do Concello de Malpica acollerá obradoiros do programa A vila do mañá, unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña que pretende que se tome conciencia, a través dos xogos e desde a infancia, da arquitectura, o patrimonio tanxible, o urbanismo e a paisaxe. Serán os días 30 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro, para nenos e nenas de 3 a 12 anos. As inscricións poderán formalizarse no Departamento de Cultura. Antes de visitar o Concello de Malpica, que preside Walter Pardo, o programa xa pasou por concellos como Rianxo, Ames, A Pobra, Cambados ou Arteixo, e conta co apoio da Escola Superior de Arquitectura da Coruña, o Colexio de Arquitectos de Galicia e a Asociación para a Defensa do Patrimonio.

Comparte!