SILLEDA
TRANSFORMANDO A VILA COA PARTICIPACIÓN PROTAGÓNICA
URBANISMO TÁCTICO PARA O APACIGUAMENTO DO TRAFICO
“Calles / Niñas y niños, en sus soledades mudas / cruzan las calles de ciudades amargas / Ritmos vertiginosos modulan su caminar / No hay paradas para el descanso, no hay tiempo / No hay tiempo para recuperarse, y mirar y sentir/ para observar, para aprender. Para querer / Inhóspitos espacios urbanos, de guerras sin sentido / valores olvidados y ambiciones desmedidas/ equivocan a sus gentes / Y entre memorias rotas, contenedores mal olientes / semáforos, coches, vomitonas y orines/ también lágrimas de niños mojan las calles”
Adriana Bisquert
Participación protagónica da infancia e da adolescencia transformando as rúas dos seus centros escolares, a través de accións de urbanismo táctico. Buscase cambiar o modelo actual que produce inseguridade vial e transformar o entorno escolar nun lugar seguro. Con estas pequenas accións inténtase apaciguar o tráfico das zonas escolares.
É unha fórmula de TRANSFORMACIÓN URBANA sinxela e poderosa, que seguen VILAS e CIDADES no mundo enteiro e que permite cambiar os espazos a través de accións con elementos efémeros e económicos.
Desta forma, é posible TRANSFORMAR meros ESPAZOS de tránsito ou aparcamento en ZONAS de VIDA e interacción social, creando lugares de encontro para a comunidade e sobre todo pensados por e para as nenas, nenos e adolescentes, onde eles son os protagonistas.
Colorea a túa vila
A vila ou cidade na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos, laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.