o noso sitio,
o noso lugar
“A Vila do Mañá” é un proxecto de acción, divulgación e educación cuxo obxectivo é que dende a infancia e a mocidade, e a través do xogo, se tome conciencia de tódalas escalas do común: a arquitectura, o patrimonio, o urbanismo e a paisaxe, fomentando a participación protagónica como parte dunha cidadanía activa.
Como se desenvolve “A Vila do Mañá”
Partimos de que cada vila ten unha identidade propia, polo que as actividades para cada un dos lugares nos que actuamos son diferentes, pero sempre cunha mesma base.
Novas
VILAS
A vila na que estamos traballando convertida nun taboleiro de xogos e laboratorio de experimentación no que as nenas, nenos e adolescentes poidan actuar dende un novo punto de vista.
Colorea a túa VILA
Queremos que as nenas e nenos aprendan a mirar e transformar o lugar onde habitan, tendo con eles dúas poderosas ferramentas: a ARTE e a ARQUITECTURA.